Galicia

Por ser a nosa terra , por ser o noso fogar

domingo, 2 de mayo de 2010

Esas miradas polas mañás .....

Debo de contaros que eu non son nada puntual máis ben o contrario son bastante impuntual , pero dunha maneira esaxerada que xa me empeza a preocupar ata a mín mesma . Pensaredes que estou esaxerando , pero dígovos que non que é verdade , por exemplo : xa vou saír da miña casa para ir ó insti , vexo que é cedo , distraigome un segundo e xa chego 10 minutos tardes!!!! Creo que estou enferma :( !!!
Pero bueno , esa non é a cuestión ... a cuestión é que sempre que vou voando case para calquera parte, sempre me atopo cun paxaro, un perro , un gato ..., pero negro sempre ... parece una bruxería .. non se ...pero o máis raro é que me dá unha sensación de tranquilidade conmigo mesma que non me explico , ademais sento que me quere dicir algo , que me mira con armonía e non escapa ó contrario mírame e intenta como comprender a miña agonía ... e cando me quedo mirándoo sen acordarme de donde me atopo , nin que hora é , e cando se va volvo a realidade e esa agonía me volve a invadir ....
Pero ese momentos son ouro que probablemente non teñan nunca máis así .... dame igual chegar tarde , que me regañen , que se enfaden , que me poñan negativos .... porque vale a pena !!!!!!!!

Polo que declaro que me gusta ser impuntual , quedarme embobada mirando cousas que pode que para os demais non teñan importania para min son un mundo de oportunidades de decatarme da beleza dunha mirada que non sexa humana , pois é moito máis interesante e misteriosa.....

1 comentario:

  1. Bueno, se ti o dis... a verdade é que non lle vexo moito orgullo. Mais se a tí che fai feliz, a min tamén!!

    Moitos bicos!!

    ResponderEliminar