Galicia

Por ser a nosa terra , por ser o noso fogar

domingo, 2 de mayo de 2010

Esas miradas polas mañás .....

Debo de contaros que eu non son nada puntual máis ben o contrario son bastante impuntual , pero dunha maneira esaxerada que xa me empeza a preocupar ata a mín mesma . Pensaredes que estou esaxerando , pero dígovos que non que é verdade , por exemplo : xa vou saír da miña casa para ir ó insti , vexo que é cedo , distraigome un segundo e xa chego 10 minutos tardes!!!! Creo que estou enferma :( !!!
Pero bueno , esa non é a cuestión ... a cuestión é que sempre que vou voando case para calquera parte, sempre me atopo cun paxaro, un perro , un gato ..., pero negro sempre ... parece una bruxería .. non se ...pero o máis raro é que me dá unha sensación de tranquilidade conmigo mesma que non me explico , ademais sento que me quere dicir algo , que me mira con armonía e non escapa ó contrario mírame e intenta como comprender a miña agonía ... e cando me quedo mirándoo sen acordarme de donde me atopo , nin que hora é , e cando se va volvo a realidade e esa agonía me volve a invadir ....
Pero ese momentos son ouro que probablemente non teñan nunca máis así .... dame igual chegar tarde , que me regañen , que se enfaden , que me poñan negativos .... porque vale a pena !!!!!!!!

Polo que declaro que me gusta ser impuntual , quedarme embobada mirando cousas que pode que para os demais non teñan importania para min son un mundo de oportunidades de decatarme da beleza dunha mirada que non sexa humana , pois é moito máis interesante e misteriosa.....

viernes, 5 de marzo de 2010

A Corza Branca...

A Corza Branca...

-No castelo da Ponte de Doiras , unha parella con dous fillos , irmán e irmá , vivían dunha maneira humilde , pero non se sabe porque un día a rapaza marchara ó monte e non volvera máis , cunha angustia no peito a súa familia fora na súa procura . Máis non a atoparan ,e un día o rapaz marchou ó monte para cazar un corzo , e por unha casualidade vira unha corza branca tan fermosa que a matou , el sabía que non podería cargar con ela so , entón cortoulle unha pata , meteuna nun saco e levóuna para a casa...A súa cara chea de tristeza e incrédula mirou aquela pata que se combertera na man duhna moza cun anel , que o seu irmán recoñeceu como a da súa irmá...-

Eu penso que unha historia sempre ten algo que trasmitir , este conto expresa a desdicha dun irmán pola morte da súa irmá , no conto a rapaza non debe ser máis ca unha alma chae de bondade que se converte nun corzo branco ( eu creoque é branco o corzo porque desta maneira expresa a súa bondade e divinidade). Tamén paréceme que ó falar sobre a caza quere dicir que cando un mata un animal o mesmo sufrimento que un ten cando lle morren os seres queridos, os animais tamén senten e pensan e saben que é asúa nai ou oseu irmán... polo que antes de matar un animal a sangre fría só polo fermoso que é debemos pensar niso.

lunes, 1 de marzo de 2010

Galegos , estade orgullosos de ser galegos !!!

Morriña....
Luscofusco...
Palabras galegas que expresan sentimentos fermosos e na súa fala con ledicia e chea de familiarizade , pois son palabras nas que se describre a delicadeza da nosa fala e a súa complexidade á vez . Moitos pensan que os galegos non somos grandes pensadores, nin tampouco delicados e elegantes , pero están moi equivocados , pois cada lugar ten distinta xente , e que por mor de que un sexa algo non significa que todos os seus veciños o seamos. Polo que declaro que nós, os galegos, somos xente variada de distintas personalidades e que posuímos unha fala moi acolledora que se sabes falar, poderás falar cos recordos do pasado , cos nosos mares e as nosas terras , pois somo así : persoas cheas de ledicia e familiares que o único que queremos é gozar da nosa xente, das nosas terras , da nosa fala!!!

Todoisto mo inspirou un só anuncio de Galicia , porque Galicia é fonte de inspiración!!!






Este gústame moito pero o seguinte tamén é moi fermoso !!!



sábado, 20 de febrero de 2010

Pequenas cousas.... grandes historias !!

Mirei nas miñas fotos e atopei alguhnas moi fermosas (por suposto cas fixen eu coa miña cámara de fotos) son pequenas cousas que me chamaron a atención mentres paseaba polas rúas da miña localidade , son simples pero a min parecemen máxicas !!



Esta é unha das que peor se ven pero aínda así gústame pois é unha partitura antigua do conservatorio , que se atopa diante do paseo do río.



Que fame !!! jaja !! É un café que lle fixeron a miña nai un día nunha cafetería chamada Cafetín , este é un café que non lle ten que envidar nada os cafés de París!!



A barca abandoada do río , pasa alí todo o ano hasta lle fixeron grafitis !! jeje !!

domingo, 14 de febrero de 2010

Vivamos coma galegos !!

O supermercado Gadis fixo fai algún tempo , un anuncio moi fermoso sobre a nosa terra no que o orgullo galego é o protagonista .

Non é só un anuncio hai dous ou tres , para min o máis divertido é o segundo pois nel aparece o "Supergaiteiro" en New York .
Dedícolles unha entrada pois son moi divertidos e din cousas moi bonitas de Galicia , que por raras que soen, son verdade . Senón mo cres ven a Galicia e fala con nós , jajaja!!!

Neste blog quero transmitir ó mundo que os galegos son xente simple con cousas moi singulares , sempre terei un tema do que tratar pois hai miles de historias galegas por ser contadas ó mundo que esperan o seu turno.




Este é o primeiro , onde o que máis graza me fai é isto :" Onde a xente non é fea , é riquiña!! "






" E apareceu o Supergaiteiro " jajajajajajaja !!!







Maloserá que vos namoredes de Galicia !!

viernes, 12 de febrero de 2010

Miña Terra Galega

Como primeira entrada para este blog galego , elexín unha das miñas cancións preferidas pois a súa letra conta unha historia de dor e lembranzas fermosas.

Enamorada do seu ritmo , o de "Sweet Home Alabama" , pois o ritmo da miña canción preferida máis Galicia é unha combinación perfecta que merece ser escoitada .