Galicia

Por ser a nosa terra , por ser o noso fogar

sábado, 20 de febrero de 2010

Pequenas cousas.... grandes historias !!

Mirei nas miñas fotos e atopei alguhnas moi fermosas (por suposto cas fixen eu coa miña cámara de fotos) son pequenas cousas que me chamaron a atención mentres paseaba polas rúas da miña localidade , son simples pero a min parecemen máxicas !!



Esta é unha das que peor se ven pero aínda así gústame pois é unha partitura antigua do conservatorio , que se atopa diante do paseo do río.



Que fame !!! jaja !! É un café que lle fixeron a miña nai un día nunha cafetería chamada Cafetín , este é un café que non lle ten que envidar nada os cafés de París!!



A barca abandoada do río , pasa alí todo o ano hasta lle fixeron grafitis !! jeje !!

domingo, 14 de febrero de 2010

Vivamos coma galegos !!

O supermercado Gadis fixo fai algún tempo , un anuncio moi fermoso sobre a nosa terra no que o orgullo galego é o protagonista .

Non é só un anuncio hai dous ou tres , para min o máis divertido é o segundo pois nel aparece o "Supergaiteiro" en New York .
Dedícolles unha entrada pois son moi divertidos e din cousas moi bonitas de Galicia , que por raras que soen, son verdade . Senón mo cres ven a Galicia e fala con nós , jajaja!!!

Neste blog quero transmitir ó mundo que os galegos son xente simple con cousas moi singulares , sempre terei un tema do que tratar pois hai miles de historias galegas por ser contadas ó mundo que esperan o seu turno.




Este é o primeiro , onde o que máis graza me fai é isto :" Onde a xente non é fea , é riquiña!! "






" E apareceu o Supergaiteiro " jajajajajajaja !!!







Maloserá que vos namoredes de Galicia !!

viernes, 12 de febrero de 2010

Miña Terra Galega

Como primeira entrada para este blog galego , elexín unha das miñas cancións preferidas pois a súa letra conta unha historia de dor e lembranzas fermosas.

Enamorada do seu ritmo , o de "Sweet Home Alabama" , pois o ritmo da miña canción preferida máis Galicia é unha combinación perfecta que merece ser escoitada .